lunes, 8 de diciembre de 2014

REBELDES, Susan E. Hinton

O mércores 3 de decembro os alumnos de 2º ESO tiveron o seu primeiro encontro con Cristina para falar das súas impresións sobre a obra do primeiro trimestre, Rebeldes de Susan E. Hinton.  Ademais de que todos leron a obra, destacamos que a maioría se identificaron con algunhas das situacións descritas na narración, aínda que con salvedades, xa que o contexto no que se desenvolve, contexto de marxinación e violencia entre adolescentes nunha grande cidade, é moi diferente ao noso. En xeral, pareceulles entretida e coinciden en que lles gustaría ver a adaptación fílmica da obra.