A PRIMEIRA RECENSIÓN DOS NOSOS ALUMNOS
Xa temos a primeira recensión do club feita por un alumno de 1º ESO. A continuación, o que nos contou
Martín Alonso de 1º ESO A:
No noso centro temos un club de lectura no que participan alumnos/as de
todos os cursos aos que lles gusta ler.
Os membros do club reunímonos unha vez ao mes e falamos sobre os libros
que limos e damos a nosa opinión. Á parte
diso, eliximos un libro para ler
todos e comentalo na reunión seguinte. Nas primeiras reunións tamén merendamos algunha
lambonada.
Ademais das reunións, facemos outras actividades, como a saída que
fixemos ao CEIP de Ventín para inaugurar a súa biblioteca.
Neste primeiro trimestre limos dous relatos de misterio. Titúlanse “Aprendiz
de detective” e “Un atraco moi costoso”. En “Aprendiz de detective” un neno fai
unha amiga á que un home descoñecido lle dá caramelos todos os días. A nena desaparece e
catro anos máis tarde volve pasar o mesmo. O libro é entretido, xa que che
deixa coa intriga atá o final.
Comentarios
Publicar un comentario