Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 17, 2015

A PRIMEIRA RECENSIÓN DOS NOSOS ALUMNOS

Xa temos a primeira recensión do club feita por un alumno de 1º ESO. A continuación, o que nos contou Martín Alonso de 1º ESO A: No noso centro temos un club de lectura no que participan alumnos/as de todos os cursos aos que lles gusta ler. Os membros do club reunímonos unha vez ao mes e falamos sobre os libros que limos e damos a nosa opinión. Á parte  diso,  eliximos un libro para ler todos e comentalo na reunión seguinte. Nas primeiras reunións tamén merendamos algunha lambonada. Ademais das reunións, facemos outras actividades, como a saída que fixemos ao CEIP de Ventín para inaugurar a súa biblioteca. Neste primeiro trimestre limos dous relatos de misterio. Titúlanse “Aprendiz de detective” e “Un atraco moi costoso”. En “Aprendiz de detective” un neno fai unha amiga á que un home descoñecido lle dá  caramelos todos os días. A nena desaparece e catro anos máis tarde volve pasar o mesmo. O libro é entretido, xa que che deixa coa intriga atá o final.

AS LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Imaxe
Os alumnos de 3º ESO continurán coa lectura de O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro; centrado na figura de Vincent Van Gogh, fálanos de pintura, ten un narrador-protagonista do que non se coñece o nome, cal será a razón, fálanos de Adeline e de moitas outras cousas... Aos alumnos de 1º ESO suxerímoslles o relato de misterio DEZ NEGRIÑOS de Agatha Christie: dez persoas son invitadas a pasar unha fin de semana a unha illa, pero, cuando chegan, o anfitrión non está e o único que atopan é unha cinta gravada sobre un asasinato e os seus posibles sospeitosos. Merece a pena saber como remata esta intrigante obra...  Os alumnos de 4º ESO lerán este trimestre un relato de amor que percorre a historia social e política de Portugal a través de varias xeracións de personaxes...