lunes, 12 de octubre de 2015

CURSO 2015/16, NOVIDADES, PREPARÁNDONOS PARA INICIAR UNHA NOVA CAMIÑADA ENTRE LIBROS

Xa temos a lista definitiva de alumnos que participarán neste curso nos clubs de lectura. Contamos con 66 alumnos animados a iniciar unha nova andaina entre libros e teremos 5 clubs de lectura a cargo de cinco profesores, ademais das colaboracións de moitos outros:


  • CLUB DE 1º ESO: 23 ALUMNOS
  • CLUB DE 2º ESO: 12 ALUMNOS
  • CLUB DE 3º ESO: 8 ALUMNOS
  • CLUB DE 4º ESO en francés: 11 ALUMNOS
  • CLUB DE 1º BACHARELATO: 13 ALUMNOS

Esperamos que aínda moitos e moitas vos animedes a compartir as vosas lecturas cos demais e decidades acompañarnos nesta nova e colorida camiñada entre os libros.