domingo, 8 de noviembre de 2015

1º ESO B/C/D: Contos ao teléfono

Reunión luns 9 de novembro no 1º recreo para a presentación de ‘Contos por teléfono’, de Gianni Rodari, ilustrados por Pablo Otero.

Era unha vez…

… o Sr. Bianchi, de Varese. Era representante de comercio e seis de cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia, do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio, vendendo medicamentos. O domingo volvía á casa, e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes de partir, a filla dicíalle: «Por favor, papá: cada noite, un conto».


Así comeza o primeiro dos relatos deste libro de relatos curtos moi imaxinativo, cheo de sentido de humor e bastante surrealista. Segue a tradición clásica de personaxes como a Alicia de Lewis Carroll nalgúns casos e noutros presenta personaxes novidosos e máxicos.