Club de lectura de 2º de ESO: Asterix en Bretaña


Asterix en Bretaña/Astérix chez les Bretons/ Asterix in Britain
Guionista: Goscinny    Debuxante : Uderzo

Trátase do 8º album da Banda deseñada Asterix, da totalidade dos 36  con que conta a colección, se contamos os dous últimos a cargo do guionista Jean-Yves Ferri e do debuxante Didier Conrad: Astérix chez les Pictes e Astérix et le papirus du César.
A pesar do título non se trata dunha aventura desenvolvida na Bretaña francesa, sino en Gran Bretaña, entre los ingleses.
Deste xeito poderemos observar  referencias a cultura inglesa con moitos guiños a actualidade, que, de momento, non desvelamos porque serán os lectores do clube quen as irán descubrindo. Así que atención e a coller a lupa de prestidixitador para comentar, despois,  estas referencias culturais (gastronomía, música…) Observade tamén a curiosa forma de falar dos “Británicos”.
A través desta banda deseñada e doutras como: Astérix chez les Belges, Astérix en Hispanie, Astérix  chez les Helvètes,etc. podemos reflexionar acerca da simplificación a que nos conduce o  descoñecemento doutras culturas, buscando como obxectivo a superación dos estereoptipos sobre algunhas nacionalidades: ingleses, franceses, belgas, suizos, españois... Extrapolables tamén ás comunidades autónomas: galegos, vascos, cataláns, andaluces…, etc.
Na bilbioteca disponemos deste álbum en catro linguas diferentes, escollede a que queirades.

Päxina oficial.



P



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pepetela: A montanha da água lilás