A neve interminable. Club de lectura 3ºESO
“Que sentido ten escribir estas liñas? Nin sequera sei se
haberá alguén que as lea no futuro. Por non saber, mesmo ignoro se veremos un
futuro. Mais en algo teño que ocupar as inacabables horas do día para non
deixarme arrastrar pola desesperación ou polo medo”.
Coa lectura destas
palabras internámonos co club de 3ºESO na obra de Agustín Fernández Paz “A
neve interminable”, un relato,
trufado á súa vez de breves e variados relatos, nos que a inquedanza e o sobrenatural conviven con cinco
personaxes incomunicados nun recóndito hostal da Fonsagrada por mor dunha desacougante
e interminable nevarada.
A intriga, a incerteza e o inexplicable son só algúns dos
ingredientes desta suxestiva e invernal narración. Só nos queda mergullarnos
nela cada xoves no 2º recreo. Animádevos a continuar coa súa lectura e a
participar na súa posta en común.
Esther
Comentarios
Publicar un comentario