viernes, 26 de febrero de 2016

BANDA DESEÑADA DE TEMÁTICA SOCIAL: PERSÉPOLIS

De que trata?
A autora iraní, Marjane Satrapi, relátanos nesta obra a historia do su país, a súa propia historia, a historia do réxime fundamentalista islámico no que creceu e que marcaría a súa existencia. Estos son algúns dos avatares políticos e sociais arredor dos que se constrúen os catro álbumes que configuran esta obra:
  • 1º álbum: en 1979, cando a protagonista ten dez anos, será testigo da caída de cincuenta anos de mandato do xa de Persia e da chegada da república islámica.
  • 2º álbum: a súa adolescencia, que coincide coa metade dos anos oitenta, terá como trasfondo a guerra entre Irán e Irak.
  • 3º álbum: a súa vida transcorre en Austria, para alonxarse dos perigos que a súa rebelde conduta supón nun réxime político tan férreo.
  • 4º álbum: regreso a Irán para estudar belas artes en Teherán.

Quen é a protagonista?
A protagonista e autora educouse no seo dunha familia occidentalizada e progresista, sensible cos desigualdades sociais, imaxinativa e con inquedanzas intelectuais, soportará xunto coa súa familia e amigos a decepción que para os partidarios do islamismo moderado supuxo o integrismo relixioso que se instaurou no seu país coa chegada da república islámica.

Que sabemos da autora?

Marjane Satrapi (Rasht, Irán, 1969), estudou Belas Artes en Teherán, abandonou en 1994 o seu país, cansada da censura e a discriminación da muller, e desenvolveu a súa carreira artística en Francia. A partir deste momento céntrase en crear unha obra de banda deseñada na que reflicta as súas vivencias en Irán.

Persépolis: a película
O 27 de xuño de 2007 estreouse en Francia a animación dos dous primeiros álbumes da banda deseñada, codirixida e coescrita pola propia Satrapi.

Trailer da adaptación ao cinema: 




Entrevista á autora: