lunes, 12 de diciembre de 2016

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta / Clube de lectura 2ºESO


A autora viguesa, Ledicia Costas tece unha historia que se desenvolve no Vigo moderno e cosmopolita de finais do século XIX, durante a segunda visita que o escritor Jules Verne fai a cidade.
Que razóns levaron ao escritor francés a voltar ao lugar onde se desenvolvía a historia de “Vinte mil leguas de viaxe submariño”? A narradora vai desvelarnos o verdadeiro motivo desta misteriosa visita.

Animádevos a pasear por Vigo, a sentir o “aroma salgado do Atlántico”, acompañados de Jules Verne, de Violeta e do seu amigo, o grumete Pierre, para tentar descubrir un segredo de familia, que se transmite de xeración en xeración. Descubriremos que “o verdadeiramente fantástico e inverosímil é a vida en si, a maravillosa aventura de vivir”.