domingo, 25 de junio de 2017

"Da fría e distante estrela polar" ao Milladoiro


Rematamos as sesións do Club de Lectura de 4º de ESO cun produtivo e moi agradable encontro co escritor, editor e tradutor Tomás González Ahola. Dun xeito moi didáctico Tomás axudounos a interpretar algunhas claves sobre Da fría e distante estrela polar, ademais de compartir con nós experiencias moi interesantes. Guiados por el e pola súa obra exploramos remotas paisaxes finlandesas, coñecemos mundos oníricos, soubemos do mito do Pai Nadal malévolo , do poema épico finlandés Kalevala e aprendemos a recoñecer o monstro indefinido que todos e todas levamos dentro. Tomás sorprendeunos co final da novela e estimulounos a crear redes de libros. Todo un pracer.






No hay comentarios.:

Publicar un comentario