sábado, 10 de junio de 2017

Soy una adolescente...nadie es perfecto de María Menéndez Ponte - Clube de lectura 1ºESO C


O clube de lectura de 1º da ESO C adéntrase nas páxinas de Soy una adolescente... nadie es perfecto. Esta obra de María Menéndez Ponte presenta moitos dos problemas típicos da adolescencia e os conflictos que istos xeran. Faino con humor e moito sentido común. Gran parte do seu atractivo radica na orixinalidade da súa estructura. Os capítulos, moi breves, están divididos en tres partes: na primeira, imitando o WhatsApp, unha adolescente plantexa o seu problema. Na segunda, “Mejor con brújula”, temos a resposta da autora, que parte da súa experiencia como nai e profesora. Na terceira, “Mujeres en la brecha”, amosa un exemplo positivo coa biografía dunha muller relacionada co tema tratado.

O libro conta coas ilustracións de Luisa Vera e ten apoio visual cos vídeos que a autora colga no canal de  YouTube  Soy una adolescente, que está adicado ao libro.

Ás rapazas de 1º ESO gustoulles moito. Lérono moi rápido e achárono moi interesante, con cuestións que as afectaban ou podían afectar nun futuro.


¡Amaya, deja el móvil!


No hay comentarios.:

Publicar un comentario