Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 16, 2017

Instrucións para tomar café e Laura no deserto - Clube do profesorado

Imaxe
Instrucións para tomar café O pasado decembro convocamos o clube de profes, que iniciou a súa andaina cun ameno libro de Manuel Núñez Singala : Instrucións para tomar café (Galaxia, 2014) . Trátase dunha serie de reflexións, que no seu conxunto poderiamos subtitular coma “Usos e costumes dos galegos”. Cunha grande agudeza e humor galaico, o autor, bo coñecedor do noso comportamento en sociedade (cando nos invitan, cando falamos do tempo, cando nos falan das marabillas do noso país, etc.), reflicte, por medio de agudos diálogos, situacións coas que nos sentiremos identificados. Laura no deserto Prosiguen as reunións do clube de profes, esta vez cunha novela de Antón Riveiro Coello : Laura no deserto (Galaxia, 2011).  Nesta ocasión, eliximos unha obra complexa con distintas perspectivas; espazos tan diferentes como Barcelona, New York, un campo de concentración nazi ou o Caramiñal; personaxes que coinciden en momentos intensos da nosa histo