jueves, 13 de abril de 2017

La lección de August - Clube de lectura 1ºESO


Nun dos clubs de lectura de 1.º ESO estamos a ler La lección de August, unha novela de R. J. Palacio que desde a súa publicación non deixa de sumar lectores e recoñecementos.
A novela cóntanos a historia de August, un rapaz cun rostro que o fai distinto, aínda que el só desexa ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, coa cabeza baixa, tratando en balde de agachar a súa cara; pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, murmurios e expresións de abraio. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compaña da súa familia, da súa cadela Daisy e as incribles historias de La Guerra de las Galaxias. Pero este ano todo vai mudar, porque vai ir á escola por primeira vez. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: crecer na adversidade, aceptarse como é, sorrir nos días grises e saber que, ao final, sempre ha encontrar unha man amiga.
Nunha sesión do club, acompañáronnos algunhas compañeiras de 2.º ESO A que xa leran a novela e compartiron con nós as súas impresións ao respecto:
"Definitivamente, non hai palabras suficientes para describir a historia de August. Non merece a pena, senón a alegría. Non é un libro, é unha lección de vida."  (Gloria Caamaño Vicente)
"Un libro conmovedor que consegue abrir o teu corazón e ensinarche a importancia da amabilidade." (María Pardo Ventureira)

De momento, podemos asegurar con satisfacción que as altas expectativas que todos estes datos e opinións nos xeraron, estanse a cumprir.

 Paula F.