lunes, 5 de junio de 2017

Club de lectura de manga dinamizado por Hugo López

Ao longo dos dous primeiros trimestres Hugo López, alumno de 3º de ESO, dinamizou un club de manga

Este club prantexouse como un tempo de esparcimento no que  un grupo de alumnos e alumnas de varios niveis -desde 2º de ESO ata 2º de Bacharelato- elixiron un cómic entre os propostos polo dinamizador ou por algún dos participantes, e nas reunións posteriores durante os recreos e algúns mércores pola tarde comentaron a lectura, intercambiaron valoracións e descubriron novos “mangakas”, é dicir, novos escritores ou debuxantes de manga.

O club reuníuse cunha periodicidade quincenal.