O Bosque Pálido

No club de lectura de 1ºB estivemos lendo O Bosque Pálido, de Jaureguízar.

A sensación que nos deixou o libro foi, en xeral, moi boa, pois case todos e todas atopamos un personaxe favorito co que empatizamos, un personaxe que nos causaba aversión ou que nos poñía tensos e tensas e unha resolución da historia que nos deu para debater.
Fixemos un pequeno vídeo dando algunhas das opinións, que deixaremos proximamente por aquí, mais non queremos desvelar nada aos futuros e futuras lectores.
Iso si, animámosvos a ler esta novela se vos gusta o ambiente de misterio!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pepetela: A montanha da água lilás