O club de lectura de 1º B

O noso club é moi numeroso, pois formámolo, practicamente, todos os rapaces e as rapazas do grupo de 1º B.
Isto non é impedimento ningún, pois, á parte de bulir nas lecturas e intentar non desvelar nada mentres os libros andan de man en man, as achegas e as visións son moito máis variadas e complexas.
No Entroido non paramos, que lucidos saímos!

Comezamos por ler o Bosque Pálido, de Jaureguízar, e de aí saíron visións moi diferentes sobre as afinidades que temos cos personaxes polos seus comportamentos e como nos gusta que sexan os finais das novelas.
Agora, estamos mergullados nunha lectura que pretendemos experimentar por moitos sentidos. Iremos falando dela conforme vaiamos avanzando.
O club está en marcha e isto non para!
Esta xente miúda no Bosque Pálido seguro que triunfaba!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pepetela: A montanha da água lilás